Back to results
Bibliographic record · Consultation and access
Libro

Instituciones político-jurídicas y desarrollo sostenible

Alvisi Neves, Edson; Luiz Hansen, Gilvan; Suárez Blázquez, Guillermo · Dykinson · 2018

Supplementary material available
Quick overview. Review the resource’s basic details, then access the content using the main button. This page shows only the information needed to identify, cite, and open the work.
Consolidated record NDX brought together 2 related public sources for this work. The record, citation, and permanent link use the selected canonical record.

Resource access

Elegí el proveedor desde el que querés acceder.

Main access

Supplementary material available

El enlace apunta a material asociado, anexos, tablas, datos o página complementaria. No se marca como libro/texto completo.
Open material

Summary

Descripción general del contenido del recurso.

Ás veces o evidente semella ser o que ofrece máis dúbidas, ou o que se ve como un camiño incerto ou mesmo rexeitable. Iso é o que acontece, dende o meu punto de vista, cos plantexamentos ou coas propostas de relación entre Galicia e os países de fala portuguesa, nomeadamente o Brasil. É certo que a forza centrípeta que ten exercido Bruxelas a través dos diferentes instrumentos políticos e xurídicos, e especialmente económicos (a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER), obrigou a dirixir á ollada cara a Unión, e crear vías rápidas, alonxadas da pausa e paciencias do camiño de peregrinación medieval, dirixidas con urxencia á converxer. Nese proceso houbo extraordinarios avances, inimaxinables mesmo para os máis euroescépticos; pero tanta premura conlevou asumir custes moi elevados, ou poderíase dicir, moi profundos; tanto, que chegaron ata os lameiros transitados polos últimos carros, ata as redes, os barcos, o leite, as vacas, as vides, ata a alma. Esa vis attractiva pola europeización, retroalimentada institucionalmente, foi crecendo e ampliando o seu espectro, abrindo o paso a unha globalización galopante, indiscutida, e aceptada acriticamente polo status quo. A tradución deste proceso no sistema educativo sintetízase na palabra “internacionalización”, que se asentou no vocabulario dos tecnócratas, fixándose como obxectivo principal e irrenunciable de calquera política educativa. Mais ese termo serviu, en non poucas ocasións, para teledirixir políticas lingüísticas, culturais e tamén económicas, cara ámbitos naturalmente forzados e, polo tanto, que nos levaban a facer xestos forzosos, a dar pinchagatos no campo unha e outra vez. Ao tempo que a lingua galega está a retroceder no uso, minorizándose o seu emprego en todos os niveis do ensino, quéresenos converter en angloparlantes, aspirando a que o inglés sexa a lingua vehicular. Poñendo, pois, a mirada naqueles mercados. Ese proceso, en si mesmo, non ofrecería problema ningún, se no fose porque, como se apuntaba máis arriba, ten un custe de oportunidade, pois os recursos son limitados. O custe de oportunidade é un virar as costas ao eixo lusófono, e moi particularmente ao Brasil. Tense dito en moitas ocasións que Galicia é un pais periférico, pero iso supón unha ollada simplista, reducionista, e ata miope. Claro, todo depende dos lentes con que se mire. Galicia é centralidade para quen saiba equilibrar a súa ollada, mobilizar o seu pescozo, e empregar en toda a súa extensión ás facultades de amplitude de xiro que ofrece a articular humana. Sen deixar de mirar a Europa, eu diría que afondando nese ollar, é preciso nun xiro de 180 graos, mantendo o eixo no mesmo punto de apoio, en territorio galego, mirar con certa altura de miras a todo un continente cheo de posibilidades como é o Brasil, e cada unha das súas decenas de capitais. Únenos unha lingua (e todo o que iso conleva), un océano, o Atlántico, unha relación privilexiada con Portugal, e moitos intereses comúns dos que ambos polos podemos sacar proveito. Pero en todo caso, únenos algo natural. O Congreso Euroamericano de Dereito e Política materializa o evidente, velaí a súa grande virtude, e por tanto, a dos seus creadores e organizadores. Xoga unha sorte de achega de bois entre Europa, a través do Campus de Ourense da Universidade de Vigo (UVigo), e o Brasil, máis en concreto, Nitéroi, a través da Universidade Federal Fluminense (UFF), constituíndose nun foro onde o debate flúe con naturalidade entre investigadores e investigadoras de aquí e de acolá, sobre temas relativos á actualidade e historia política, institucións xurídicas, conflitos sociais, problemas medioambientais, sobre desenvolvemento e sustentabilidade, sobre os dezasete obxectivos da UNESCO e as realidades de países diversos e distantes, os retos dos Dereito Humanos, sempre en perigo e nunca suficientemente protexidos, sobre dous continentes e as súas áreas de influencia. E todo se leva a cabo aquí, en Galicia, nun terreo neutro, sen embargo, non neutral. Eu quixera agradecer, xa que logo, ao Comité Organizador deste II Congreso Euroamericano por todo o traballo realizado durante tantos meses para que a celebración desta edición fose un éxito, ata o punto de superar aquela primeira. Ao Comité Científico polo labor de revisión e selección de todas as comunicacións entre todas as recibidas, o que nos permite contar cun libro de actas de enorme nivel e valor coma este. A todas e todos os investigadores que decidiron enviar os seus estudos e investigacións a este congreso e, finalmente, preparalas para que poidan ver a luz neste texto, do que tantos e tanto imos aprender. Ás institucións que fan posible este Congreso e a publicación destas actas cun especial recoñecemento á Universidade de Vigo, a través do Campus de Ourense-Campus da Auga, ao que represento, e á Universidade Federal Fluminense, situada no Estado do Río de Janeiro, no municipio de Nitéroi, por ser o pilar firme, doutro lado do Atlántico, que estivo e está a turrar dos cables que permitan erguer esta ponte necesaria para o noso futuro. Prólogo de Virxilio Rodríguez Vázquez.

How to cite

Elegí el formato que necesitás y copiá la referencia al portapapeles.

APA 7

Alvisi Neves, E, Luiz Hansen, G, & Suárez Blázquez, G. (2018). Instituciones político-jurídicas y desarrollo sostenible. Dykinson. https://nodovox.com/record.php?id=456034

MLA

Alvisi Neves, Edson, et al. Instituciones político-jurídicas y desarrollo sostenible. Dykinson, 2018. https://nodovox.com/record.php?id=456034.

Chicago

Alvisi Neves, Edson, Gilvan Luiz Hansen, and Guillermo Suárez Blázquez. 2018. Instituciones político-jurídicas y desarrollo sostenible. Dykinson. https://nodovox.com/record.php?id=456034.

Harvard

Alvisi Neves, E, Luiz Hansen, G. and Suárez Blázquez, G. 2018, Instituciones político-jurídicas y desarrollo sostenible, Dykinson, available at: https://nodovox.com/record.php?id=456034 [Accessed 10 Aug. 2026].

Share and print

Save the record, copy its permanent link, or print it as a PDF.

Export reference

You can export the record in common formats for use in a reference manager.

Resource details

Bibliographic information to help confirm that this is the correct material.

Title
Instituciones político-jurídicas y desarrollo sostenible
Author / contributors
Alvisi Neves, Edson; Luiz Hansen, Gilvan; Suárez Blázquez, Guillermo
Publisher
Dykinson
Publication year
2018
ISBN
ISBN electrónico: 9788413241432
Language
Spanish

Subjects

Explore related resources through these subjects.

Copied